Gl:Key:wheelchair

From OpenStreetMap Wiki
Jump to: navigation, search
Idiomas dispoñibles — Key:wheelchair
· Afrikaans · Alemannisch · aragonés · asturianu · azərbaycanca · Bahasa Indonesia · Bahasa Melayu · Bân-lâm-gú · Basa Jawa · Baso Minangkabau · bosanski · brezhoneg · català · čeština · corsu · dansk · Deutsch · eesti · English · español · Esperanto · estremeñu · euskara · français · Frysk · Gaeilge · Gàidhlig · galego · Hausa · hrvatski · Igbo · interlingua · Interlingue · isiXhosa · isiZulu · íslenska · italiano · Kiswahili · Kreyòl ayisyen · kréyòl gwadloupéyen · Kurdî · latviešu · Lëtzebuergesch · lietuvių · magyar · Malagasy · Malti · Nederlands · Nedersaksies · norsk bokmål · norsk nynorsk · occitan · Oromoo · oʻzbekcha/ўзбекча · Plattdüütsch · polski · português · română · shqip · slovenčina · slovenščina · Soomaaliga · suomi · svenska · Tiếng Việt · Türkçe · Vahcuengh · vèneto · Wolof · Yorùbá · Zazaki · српски / srpski · беларуская · български · қазақша · македонски · монгол · русский · тоҷикӣ · українська · Ελληνικά · Հայերեն · ქართული · नेपाली · मराठी · हिन्दी · অসমীয়া · বাংলা · ਪੰਜਾਬੀ · ગુજરાતી · ଓଡ଼ିଆ · தமிழ் · తెలుగు · ಕನ್ನಡ · മലയാളം · සිංහල · ไทย · မြန်မာဘာသာ · ລາວ · ភាសាខ្មែរ · ⵜⴰⵎⴰⵣⵉⵖⵜ · አማርኛ · 한국어 · 日本語 · 中文(简体)‎ · 吴语 · 粵語 · 中文(繁體)‎ · ייִדיש · עברית · اردو · العربية · پښتو · سنڌي · فارسی · ދިވެހިބަސް
Public-images-osm logo.svg wheelchair
Wheelchair symbol.svg
Descrición
Indica se un lugar concreto é accesible para cadeiras de rodas.
Grupo: Propiedades
Usado nestes elementos
pode ser usado en nodospode ser usado en víaspode ser usado en áreasuso non especificado en relacións
Estado: AprobadaPage for proposal

Esta etiqueta pode ser usada para señalar lugares ou viais que están adaptados para ser usados por cadeiras de rodas e por persoas que usan outros aparellos de mobilidade (como é un andador). Só debería ser usada se estás seguro/a dela, sexa porque hai un sinal especial que o indica, por experiencia persoal ou porque alguén que usa cadeira de rodas así cho dixo. Tamén hai moitas outras etiquetas que te poden axudar a determinar se o vial é accesible a sillas de rodas. Se non estás seguro/a, engade máis información en description=* ou wheelchair:description:gl=*.

Valores comúns

wheelchair=yes

As cadeiras de rodas teñen acceso total e sen restriccións. Nos EE.UU. usa esta etiqueta para marcar un lugar que concorda coa Americans with Disabilities Act (ADA).

  • entrada: sen escalón
  • estancias: sen escalóns

wheelchair=limited

As cadeiras de rodas teñen acceso parcial (é dicir, algunhas áreas son accesibles pero outras non; áreas que requiren a axuda doutra persoa para subir a elas).

  • entrada: pode ter un escalón, mais non maior de 7 cm ('ancho dunha man')
  • estancias: as estancias máis importantes non teñen escalóns

wheelchair=no

Non hai acceso sen restriccións para cadeiras de rodas (p. ex. acceso só por escaleiras).

  • entrada: ten escalón máis alto de 7 cm
  • estancias: as estancias principáis non son accesibles

wheelchair=designated

O vial ou lugar está designado ou construído expresamente para cadeiras de rodas (p. ex. ascensores designados de acceso únicamente para cadeiras de rodas). Úsase raramente.

Nota: Non hai valor por defecto para acceso a cadeiras de rodas. A etiqueta wheelchair=no debe ser usada para indicar explícitamente que un lugar non é accesible para cadeiras de rodas.

Exemplos

Rede de tamvías de Hanover, coas iconas de non acceso a cadeiras de rodas

Viais

se hai escaleiras pero non hai rampa.

(Consello: Pensa sempre en cadeiras de rodas eléctricas e pesadas que non poden subir escaleiras.)

Puntos de interese

Parada de autobús

  • highway=bus_stop
  • wheelchair=yes (se hai un freo alto para facilitar o acceso ao autobús, ou todas as liñas de autobuses e a todas horas dispoñen de rampas ou elevadores.)
  • wheelchair=limited (se paran autobuses con rampas ou elevadores en só algunhas rutas ou algunhas horas. Engadir máis información coa etiqueta wheelchair:description=* tag.)
  • wheelchair=no

Hotel

Cecáis queiras engadir a etiqueta website=* ou operator=* por se engaden máis información.

Cine

se as persoas con cadeira de rodas teñen que procurar axuda ou pedir unha chave ou se non todas as gradas son accesibles sen escaleiras. Engade máis información coa etiqueta description:gl=*.

Cecáis queiras engadir a etiqueta website=* ou operator=* por se engaden información máis detallada.

Museo

Aseos

Hai dous tipos de aseos:

Aseos que pertencen a un punto de interese ou a un edificio

Por exemplo os aseos dun restaurante.

toilets:wheelchair=yes

O lugar conta con un ou varios aseos que son accesibles a persoas en cadeiras de rodas.

Os criterios para considerar aceptable a accesibilidade son os seguintes:

  • Anchura interior da porta de entrada: mínimo 90 cm
  • Espazo libre no interior: mínimo 150 x 150 cm
  • Asento do WC de altura para cadeira de rodas
  • Barras de apoio
  • Lavabo accesible
toilets:wheelchair=no

O lugar non conta con aseos accesibles para persoas en cadeira de rodas.

Aseos públicos

É dicir, aseos xestionados por administracións públicas. Por exemplo, os aseos nun parque.

  • amenity=toilets
  • wheelchair=yes (se están equipados completamente con barras de apoio, nada de escalóns, porta suficientemente ancha, etc. Tamén usar esta etiqueta no caso de só ter que pedir unha chave)
  • wheelchair=limited (se as portas son suficientemente anchas e non hai escalóns)
  • wheelchair=no (se as portas non son dun mínimo de 60cm de ancho, se hai escalóns, se hai curvas estreitas ou outras barreiras)
  • wheelchair:description:gl=describe aquí as limitacións

Liñas de transporte público

  • wheelchair=yes (se todos os vehículos da liña poden transportar persoas en cadeira de rodas)
  • wheelchair=limited (se só algúns dos vehículos da liña poden levar persoas en cadeira de rodas)
  • wheelchair=no (se ningún dos vehículos da ruta poden transportar cadeiras de rodas)

Iconas de sinalización de exemplo

  • wheelchair=yes -wheelchair pictogram
  • wheelchair=no - crossed-out wheelchair pictogram

Fontes de datos

Reino Unido

Representación

  • wheelmap - wheelmap.org O cal utiliza só wheelchair=* pero non capacity:disabled=*. É un proxecto que amosa información de accesibilidade para cadeiras de rodas nun mapa
  • OSM Query Localizador xeral de puntos de interese. wheelchair=yes e wheelchair=limited son representadas por iconas.

Ver tamén