Gl:Verbo de OpenStreetMap

From OpenStreetMap Wiki
(Redirected from Gl:About)
Jump to: navigation, search
Idiomas dispoñibles — About
Afrikaans Alemannisch aragonés asturianu azərbaycanca Bahasa Indonesia Bahasa Melayu Bân-lâm-gú Basa Jawa Baso Minangkabau bosanski brezhoneg català čeština dansk Deutsch eesti English español Esperanto estremeñu euskara français Frysk Gaeilge Gàidhlig galego Hausa hrvatski Igbo interlingua Interlingue isiXhosa isiZulu íslenska italiano Kiswahili Kreyòl ayisyen kréyòl gwadloupéyen kurdî latviešu Lëtzebuergesch lietuvių magyar Malagasy Malti Nederlands Nedersaksies norsk norsk nynorsk occitan Oromoo oʻzbekcha/ўзбекча Plattdüütsch polski português română shqip slovenčina slovenščina Soomaaliga suomi svenska Tiếng Việt Türkçe Vahcuengh vèneto Wolof Yorùbá Zazaki српски / srpski беларуская български қазақша македонски монгол русский тоҷикӣ українська Ελληνικά Հայերեն ქართული नेपाली मराठी हिन्दी অসমীয়া বাংলা ਪੰਜਾਬੀ ગુજરાતી ଓଡ଼ିଆ தமிழ் తెలుగు ಕನ್ನಡ മലയാളം සිංහල ไทย မြန်မာဘာသာ ລາວ ភាសាខ្មែរ ⵜⴰⵎⴰⵣⵉⵖⵜ አማርኛ 한국어 日本語 中文(简体)‎ 吴语 粵語 中文(繁體)‎ ייִדיש עברית اردو العربية پښتو سنڌي فارسی ދިވެހިބަސް
Axuda Verbo de OpenStreetMap Navegación De que xeito axudar Apoiar ós datos do mapa Editores Glosario Guieiro pra noveis

OpenStreetMap é un mapa libre e editábel do mundo enteiro que está a ser construído por voluntarios en gran parte dende cero e lanzado cunha licenza de contido aberto.

A licenza de OpenStreetMap permite o acceso de balde (ou case de balde) ás nosas imaxes do mapa e a tódolos nosos datos de mapas subxacentes. O proxecto ten como obxectivo promover novos e interesantes usos destes datos. Vexa "Why OpenStreetMap?" pra obter máis detalles sobre o motivo polo que queremos un mapa de contido aberto e sobre a resposta á pregunta que escoitamos con maior intensidade: Por que non usar só Google Maps?

O Mapa

(Browsing) Procurar o noso mapa é sinxelo. Bótalle unha ollada e vexa o que pensa da nosa cobertura e detalles. Ao longo dos anos progresamos de forma incríbel, acadando moitos fitos cartográficos (mapping milestones). Os individuos, os gobernos e as empresas comerciais xa comezaron a empregar estes datos, e en moitos países, pra moitos usos, OpenStreetMap é unha alternativa viábel pra outros provedores de mapas. Porén o mapa aínda non está rematado. O mundo é un gran lugar. Como vese o teu barrio no OSM?

Cartografado

Este non é só un proxecto en liña. Saímos logo das nosas pantallas de computador e examinamos cidades e campos pra xerar os nosos mapas. Este é un esforzo de mapeamento (cartografado) comunitario. Empregamos software de edición colaborativa de xeito wiki pra que o soporte, o que significa que os nosos mapas seguirán medrando cada vez máis. Se tes unha unidade de GPS pode contribuír coas pistas que teña gravadas. Tamén podemos obter mapas de imaxes aéreas Bing ou outras técnicas de cartografado (mapping techniques). Podes comezar a editar os nosos mapas arestora empregando o editor "iD" en liña ou descarregando a aplicación de escritorio JOSM.

Desenvolvemento

O traballo extensivo de software de (develop) desenvolvemento está levando este proxecto en moitas direccións diferentes. Como se mencionou anteriormente, creamos varias ferramentas de mapas: editing tools (ferramentas de edición). De feito, OpenStreetMap está xerado por software de código aberto dende a súa interface (slippy map) ó acceso de datos subxacente: API (unha interface de servizo web pra ler e escribir datos de mapas). Hai oportunidade para subproxectos que traballan ou empregan os nosos datos, pero necesitamos axuda pra corrixir erros e engadir funcionalidades ós nosos compoñentes principais.

Desenvolvedores (Developers) e tradutores sonche sempre benvidos!

A Fundación OpenStreetMap

A Fundación OpenStreetMap é unha organización que realiza recaudación de cartos. Un gasto importante é a adquisición e mantemento dos servidores que conteñen o proxecto OpenStreetMap. Mentres a fundación apoie o proxecto, non controle o proxecto ou "posúa" os datos de OSM. A fundación está dedicada ao crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais de balde e a inserir datos xeoespaciais para que calquera poida usar e compartir.