Gl:WikiProject Importación do Catastro de Negreira

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search

Proxecto de importación do Catastro do Concello de Negreira

Obxectivos

  • Completar os nomes das rúas (mapa de rúas sen nome, ver nota máis abaixo). Este paso é imprescindible para a importación. Para isto podemos apoiarnos na información do propio catastro, así como comprobar a cartelería da propia rúa. Debemos lembrar que o nome dun lugar (por exemplo, Lugar Logrosa) non é valido como nome dunha rúa. Polo tanto, no caso de que unha rúa non teña nome hai que empregar a etiqueta noname=yes. Tamén podemos completar este obxectivo seguindo as instruccions da páxina ES:Catastro español/Importación de edificios/Guía de importación/Gestión de proyectos. COMPLETADO
  • Cartografado de todos os edificios do concello, incluíndo número de andares e, idealmente, tellados e cores. De novo, é recomendable verificar noutos sitios como Mapillary ou KartaView se as direccións dos edificios están correctas no catastro. EN PROCESO
  • Ir completando o mapa do xestor de tarefas. EN PROCESO
  • Cadrar as rúas necesarias coa nova disposición dos edificios. EN PROCESO
  • Idealmente: anotar os carrís, direccións de circulación, e carrís de aparcamento de cada rúa.

Notas

  • Para a revisión dos nomes das rúas, e a creación dos arquivos de importación, empregouse a ferramenta Catastro2OSM Online
  • Rúas sen nome: A ferramenta da ligazón anterior a "rúas sen nome" permite importar a listaxe de rúas a JOSM (vía conexión control remoto) para editar máis fácilmente as rúas sen nome.
  • Pregase tentar manter o máximo posible o historial dos edificios xa existentes, sustituíndo xeometrías con ferramentas específicas (JOSM) e evitando eliminar e refacer de cero obxectos xa existentes, como xa se indíca na páxina do proxecto de importación a nivel nacional.

Ligazóns