Gl:Main OSM blog (blog.openstreetmap.org)

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search

O blogue principal e oficial blog.openstreetmap.org (blog.openstreetmap.org) é un blogue con todo tipo de novas sobre o OpenStreetMap.

Aínda que é un dos moitos blogues en e arredor do OpenStreetMap, é o principal blogue oficial do OpenStreetMap xestionado pola Fundación do OpenStreetMap, e específicamente polo Grupo de Traballo de Comunicación. Non ten que confundirse con blogs.openstreetmap.org, unha escolma de moitos blogues non oficiais e entradas de diarios de membros da comunidade.

Colaboración

Contacta co Grupo de Traballo de Comunicación se queres colaborar neste blogue oficial. Precisamos novos autores de entradas do blogue (tanto se tes unha idea única para unha entrada en particular como se queres contribuír de xeito regular) e tamén tradutores.

Historia

blog.openstreetmap.org é en realidade a nova localización de varios outros blogues que se fusionaron neste lugar. O blogue principal adoitaba chamarse OpenGeoData, e de feito a maioría das entradas do blogue no arquivo son deste blogue orixinal. Bastantes outras entradas foron fusionadas no blogue da Fundación do OSM no blog.osmfoundation.org cando este novo sitio foi creado en maio do 2013. Ollar OpenGeoData para máis detalles sobre esta historia.