Gl:Auga

From OpenStreetMap Wiki
(Redirected from Gl:Water)
Jump to navigation Jump to search
Logo. Feature : Gl:Auga
One example for Feature : Gl:Auga
Descrición
É unha categoría ampla que abrangue a beiramar, o medio mariño e a navigación mariña; tamén os cursos de auga e a xestión humana da auga.
Etiquetas

waterway=river
natural=coastline
landuse=reservoir
man_made=pipeline
man_made=wastewater_plant

A auga é unha categoría ampla que abrangue a beiramar e o medio mariño, incluíndo a navigación mariña, xunto cos cursos de auga e a xestión humana da auga.

Clasificación

As características (features) da auga poden clasificarse de xeito útil dentro do OpenStreetMap deseguido (con certa sobreposición):

  • Beiramar, incluíndo as moitos trazos que se atopan ó longo da beira do mar.
  • Mariño, para trazos que se atopan máis no mar, incluídas as plataformas de perforación petrolíferas, as áreas de conservación e insulares, así coma as rotas de navigación e a navigación mariña.
  • Cursos de auga, cubrindo tódolos cursos de auga incluíndo ríos, regatos, fervenzas, lagoas, encoros e canles fluviais feitas por humanos.
  • Xestión da auga, que cobre os usos humanos da auga incluíndo encoros e presas, tubaxes e pozos de auga potábel, fontes públicas de auga potábel e decorativas.

Ollar tamén