Gl:Promocións comerciais

From OpenStreetMap Wiki
(Redirected from Gl:Merchandise)
Jump to navigation Jump to search
For ficheiros de logotipos, see gl:Logos.

As cousas que merques en calquera dos sitios que aparecen nesta páxina xerarán ingresos por comisións para o OpenStreetMap. Dependemos distos ingresos para o noso financiamento. Por favor, apoia ó OpenStreetMap facendo compras nos nosos socios minoristas sempre que sexa posíbel.

Polos, camisolas e gorras

Feitas por Linuxwochen no 2014 en Viena. Camisolas de rapaz en negro e de rapaza en azul. Pódense pregar no OSM-AT.

Polos

Camisolas de polo do OpenStreetMap

As camisolas de polo foron feitas como material de promoción comercial oficial do OpenStreetMap á venda por 15 libras (15£) cada unha. Agora, o xeito máis doado de mercalas sería atopalas en Londres ou Birmingham (o envío polo correo está previsto para o futuro).

Coletes de grande visibilidade

A Fundación do OSM ten existencias de coletes de grande visibilidade ca marca do OSM, que están dispoñíbeis nalgúns acontecementos do OpenStreetMap e en liña. A Fundación recada cartos cada vez que se vende un.

KernelConcepts

KernelConcepts é unha empresa alemá. Venden unha "cunca do OSM". A cunca está enfeitada con 179 das etiquetas do OSM más importantes (mais unha algo xocosa "amenity=mug, access=private") e empregábel nun lavalouzas. Na banda traseira dos seus coletes de grande visibilidade amosan a palabra alemá "VERMESSUNG" (cartografando).
De xeito aproximado o 17% do prezo da cunca é doado cara unha asociación sen fins de lucro axeitadamente rexistrada.

Amazon

Podes obter unha morea de cousas útis no Amazon: unha ampla gama de unidades GPS, libros de mapas, baterías, memorias, accessorios de hardware, accesorios para cámaras, etc. Calquera cousa que merques a través das ligazóns que se che enumeran deseguido xerará entre un 5% e un 9% de comisión para o OpenStreetMap, se ben o 9% será difícil que se acade(en).

  • Amazon.com  – Ligazón de afiliado que xerará algúns ingresos para o OSM cando se empregue para mercar cousas.
  • Amazon.co.uk – As persoas mercan todo tipo de cousas no Amazon e estamos conseguindo arredor de 25 libras (25£) por trimestre con esta fonte.
  • Amazon.de – (Alemaña, Austria e Suíza) Os cartos son transferidos ó OSM.de vía FOSSGIS.

Para a túa información, a cota máxima do Amazon por artigo é de 10 euros (10€) -ou 7 libras (7£)-. A comisión págase de xeito aproximado 60 días despois do final de cada mes. [3]

Reciclaxe dos cartuchos de inxección de tinta e teléfonos móbiles.

Recycle4Charity está a executar un sistema que doará cartos ó OpenStreetMap por cartuchos de inxección de tinta xa empregados e teléfonos móbiles antigos (1£ por cartucho e até 30£ por teléfono). Empregue esta ligazón para pregar algunhas bolsas de reciclaxe de balde. O diñeiro envíase de xeito automático ó OpenStreetMap (só Reino Unido).

Este sistema xera poucas libras por trimestre, pero é mellor que envia-las túas cousas ó recheo sanitario, e os mozos do Recycle4Charity son realmente agradábeis e adoitar enviarnos unhas cantas libras adicionais. A eles lles debe gostar este proxecto.

Alguhnas aplicacións interesantes son:

  • GPS Tuner — un software de navigación por estrada fóra de liña para dispositivos Pocket PC.
  • AFTrack — un rastrexador GPS para teléfonos móbiles Symbian.
  • GPSgrabber & GPSmapper — Software GPS para dispositivos Palm.

MapMyTracks

O MapMyTracks é unha aplicación de rastrexo GPS en tempo real que emprega mapas do OSM na súa aplicación móbil. Ten un sistema de afiliados que doará 5 libras (5£) por calquers persoa que rexistre unha conta PRO (non de balde) empregando esta ligazón ou sinxelamente insira osmfd na cela de "Código de cupón" (Coupon Code) cando se rexistre.

Se che rexistras na conta DE BALDE empregando esta ligazón ou o código do cupón osmfd, obterás unha actualización de balde de 3 meses para a conta PRO.

MapMyTracksLogo.gif

Novo sistema.

Promoción comercial dos logotipos

Osm mug.jpg

Os materiais de promoción comercial con logotipos (cuncas, camisolas, etc.) adoitaban estar dispoñíbeis baixo unha comisión para o OpenStreetMap, pero non desfrutamos de comisión algunha no intre actual. Os logotipos están libremente dispoñíbeis sw alguén desexa facer algo con eles.

Camisolas

OjwTDesign.png

User:Ojw deseñou unha camisola que se atopa dispoñíbel dende esta páxina. Non xera ingresos para o OSM - por favor, fai unha doazón por separado se o desexas. Código fuente

Ollar tamén: galería "Competición de camisolas"

Osm free and open map tshirt.png

A Equipa Humanitaria do OSM da Indonesia (HOT Indonesia) deseñou unha camisola coma un xeito de inseri-lo OpenStreetMap na Indonesia. Preme nas imaxes seguintes para baixa-lo deseño:

Adhesivos

Adhesivos do OSM. Preme na imaxe para achega-la vista.

Preparamos un adhesivo do OpenStreetMap para a xuntanza de cartografado en Perugia do 2008. Prema na imaxe da dereita para achega-la vista previa. O ficheiro fonte para o adhesivo (documento do OpenOffice Draw) está dispoñíbel para a súa descarrega nesta páxina.

Os seguintes deseños foron feitos polo HOT Indonesia para facer adhesivos e pins. Atópanse baixo a licenza CC-BY-SA-2.0. Preme nas imaxes para baixa-los deseños:

Ollar tamén