Category:Gl:Dependente do sentido

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search

Esta páxina é un intento de recompilar tódalas etiquetas que se amosan sensíbeis á inversión do sentido na dirección do camiño. Cando as etiquetas que figuran deseguido están presentes nun elemento lineal ou camiño, tense que ter especial coidado ó inverter o sentido direccional do mesmo.

Tódolos camiños no OpenStreetMap teñen un sentido direccional asociado a eles porque se representan coma unha sucesión "ordenada" de nós. As relacións serviron para ordenar colecións de outros obxectos dende a API 0.6, e debido a que poden conter camiños (que están do mesmo xeito ordenados), as relacións tamén poden ser sensíbeis á inversión de sentido dos camiños dentro delas.

  • Só os elementos empregados para definir características (features) lineais e que posúan etiquetas específicas teñen un sentido direccional significativo, tales coma estradas "unidireccionais", ferrocarrís ou ríos (polo seu sentido natural do fluxo).
  • Tamén algunhas etiquetas engadidas a estes elementos lineais poden ter sub-claves :left, :right, :forward ou :backward para restrixir a súa semántica segundo o sentido direccional do elemento.
  • Estes elementos lineais ou camiños (incluso aqueles que non están etiquetados por si mesmos) poden tamén ser empregados coma membros de relacións con semellantes roles de forward ou backward, cuxa interpretación depende do seu sentido.
  • Case tódolos outros camiños que se empregan con funcións de límites exteriores (outer) ou interiores (inner) de áreas non teñen un sentido direccional significativo, agás (por razóns técnicas) aqueles que serven para definir liñas costeiras, xa que as liñas de costa son moi longas arredor dos continentes: as liñas de costa teñen que ser debuxadas en sentido contrario ás agullas do reloxo para que a terra interior fique á esquerda, e o mar exterior á dereitaa).

O sentido direccional do camiño ou elemento lineal pódese ollar representado no mapa se unha rúa ten a etiqueta oneway=yes, no Potlatch a través dunha pequena frecha no camiño, no JOSM cunha punta de frecha en cada treito, e no Osm2go con frechas-treitos que se fan visíbeis cando un camiño é seleccionado. Forward & backward, left & right contén detalles sobre a visualización do sentido dos camiños nos editores.

Pages in category "Gl:Dependente do sentido"

This category contains only the following page.