Gl:Tag:waterway=weir

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search
Public-images-osm logo.svg waterway = weir
Wehr-Königsgraben.jpg
Descrición
Unha vaira é unha barreira construída nun río ou un regato, ás veces para desviar a auga con fins industriais ou gandeiros. A auga aínda pode discorrer por riba da barreira, normalmente de cimento. Show/edit corresponding data item.
Representación en OSM Carto nó
Weir node.svg
Representación en OSM Carto caminho
Rendering-waterway-weir-way.png
Grupo: cursos de auga
Empregado nestes elementos
pode ser usado en nodospode ser usado en víasnon pode ser usado en áreasnon pode ser usado en relacións
Combinacións útis
Estado: aprobadaPage for proposal

Unha vaira é unha barreira construída nun río ou un regato, ás veces con fins industriais ou gandeiros. A auga aínda pode discorrer por riba da barreira, normalmente de cimento. Nos Estados Unidos, a miúdo estas vairas chámanse encoros de baixa altura ou de cabeceira baixa.

De que xeito cartografar

Para cartografar unha pequena vaira engade un nó no punto axeitado ó longo do río e etiquétao waterway=weir. Se a vaira ten un nome, etiquétao co name=*.

Se a vaira é o axeitadamente longa coma para facer unha vía, crea a vía ó longo da vaira e etiquétaa con waterway=weir. De novo, engade un name=* se coñeces o nome. A etiqueta waterway=weir tería que compartillar un nó co río alí onde fan cruzamento ámbolos dous. Coma nun natural=cliff, a dirección da liña importa: na beira esquerda fica o lado máis alto; na dereita, o lado máis baixo.

Ás veces un paso de peixes atópase ligado a unha vaira.

Estradas ou vías sobre unha vaira

Este tema non forma parte da proposta, pero a solución máis sinxela é que a etiqueta highway=* e a etiqueta waterway=weir compartillen unha vía. Un treito desta vía pode ser marcada con ford=yes se existise un vao.

Os validadores e as ferramentas de control de calidade poderían alertar sobre esta combinación porque poden ter unha regra excesivamente xenérica onde se asume que as estradas e os cursos de auga non poden compartillar unha soa vía. Ésta é unha das excepcións válidas e as ferramentas teñen que axustarse para aceptala.

Representación

Tipo Imaxe Etiquetas OSM Carto
Mf node.svg node Rhin-Grosser-Schleusengraben-15-XI-2007-130.jpg waterway=weir Render weir.jpg
Mf way.svg way Alifakovac Miljacka.jpg waterway=weir Render weir2.jpg

Ollar tamén