Gl:Tag:natural=bare_rock

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search
Public-images-osm logo.svg natural = bare_rock
Coastal rock formation.jpg
Descrición
Unha área con pouca ou ningunha vexetación, de maneira que se fai visible o substrato rochoso. Edit or translate this description.
Grupo: Natural
Empregado nestes elementos
non pode ser usado en nodosnon pode ser usado en víaspode ser usado en áreaspode ser usado en relacións
Combinacións útis
Ollar tamén
Estado: aprobada

Wikidata

Descrición

Unha área con solo rochoso, con pouca ou nula vexetación de maneira que o substrato rochoso se fai visible.

Algunhas áreas nas que se pode usar esta etiqueta poden ser:

  • Zonas de montaña onde a rocha permanece ao descuberto, coma cumes, cantís ou rochedos, pero non pedregais, terreos cubertos de pelouros nin morenas.
  • Zonas rochosas na costa
  • Zonas rochosas en rexións altas, desérticas e polares.
  • Afloramento de rocha debido a minas abertas ou cortes nas estradas.
  • Montañas monolíticas coma por exemplo Uluru (Ayers Rock).

Como mapear

Para mapear unha área de solo rochoso podes simplemente debuxar unha liña pechada e etiquetala con natural=bare_rock. Para mapear áreas máis grandes ou complexas podes usar un multipolígono coa mesma etiqueta.

Pódese mapear como un nodo se non hai forma de facelo como área, especialmente se o que se quere é mapear o nome ou outra propiedade adicional. Non obstante, o mapeo como área é estritamente preferible.

Exemplos

Exemplo de representación

Loading map...


Ver tamén

  • natural=cliff - un cantil
  • natural=scree - unha área de pedras con forma angular formadas pola caída e erosión da pedra de cantís próximos
  • natural=shingle - unha área de pelouros ou cantos nunha praia ou ribeira, depositados e arredondados polo movemento da auga
  • natural=stone - un gran penedo, non unido ao substrato rochoso
  • natural=rock - características rochosas notables e illadas, unidas ao substrato rochoso, normalmente mapeadas como un único nodo
  • natural=glacier - glaciares

Posibles erros de etiquetado

Se souber de locais com esta etiqueta, verifique se podem utilizar outra etiqueta.
As edições automatizadas são extremamente desaconselhadas a menos que saiba o que está a fazer!