Gl:Portal:Xornalismo

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search
OpenStreetMap no xornal The Guardian

O obxectivo desta páxina é fornecer unha visión de OpenStreetMap dende o punto de vista dos xornalistas e os que desexan escribir verbo do proxecto.

Introdución

«OpenStreetMap é un proxecto colaborativo cuxo obxectivo é xerar e proporcionar datos xeográficos de balde, como rueiros, a quen os precise.»
«O proxecto comezou porque a maioría dos mapas que pensas que se poden empregar libremente teñen restricións legais pra o seu uso, impedindo que a xente disfrutalos de xeito creativo, produtivo ou calquera outra forma orixinal.»

As persoas que contribúen ó proxecto OpenStreetMap capturan os seus desprazamentos por dispositivos portábeis de GPS ou saen a gravar as rotas GPS ex professo. Ó mesmo tempo rexistran os nomes das rúas, cidades e outras características dos lugares onde pasan por medio de cadernos, cámaras dixitais, gravadores, etc...

Unha vez á fronte da computadora, cargan os datos capturados co GPS onde estiveron, editándoos e debuxando as estradas e camiños. Empregando as notiñas recollidas polos colaboradores, etiquetan os nomes das rúas, información sobre o tipo de estrada, os seus trazos e o tipo de conexións con outras estradas. Á fin, engádeo á base de datos colaborativa de OpenStreetMap.

Estes datos son procesados ​​pra xerar mapas de rúas e mapas de estradas detallados, que poden ser publicados de balde en sitios coma Wikipedia, empregados ​​en dispositivos portábeis coma teléfonos móbiles, navegadores de automóbiles ou impresos e copiados sen restrición.

Comprobe o apartado Por qué hacemos OpenStreetMap do FAQ pra coñecer máis sobre a filosofía deste proxecto.

Recursos

Imaxes de logotipos Logos
Imaxes promocionais As Imaxes destacadas son unha compilación dos nosos mellores mapas e imaxes.
Exemplos de mapas Pra ver mapas de exemplos, desprácese cara http://informationfreeway.org (por favor, le a Licenza de OpenStreetMap denantes de publicar os mapas; precisamos que todo o mundo coñeza que eles son libres pra copialos, o cal débese citar cando se publiquen...)
Comunidades Os Proxectos de mapeo amosan a actividade en diferentes países.
Estatísticas actuais As Estatísticas amosan canta xente está disposta e cantos datos compiláronse.
Newspaper coverage OpenStreetMap nos medios de comunicación contén enlaces dalgunas das coberturas feitas polos medios de comunicación sobre OpenStreetMap

Novas

Pra obter información actualizada sobre OpenStreetMap pode subscribirse á lista de correo (olle a páxina de contacto), ler a páxina de anuncios, ou consultar a listaxe de eventos.

Feitos pasados de OpenStreetMap son por exemplo as reunións, chamadas mapping parties, levadas a cabo pra cartografiar a Illa de Wight (á que asistiron grupos de voluntarios de lares tan lonxanos coma Noruega) ou a Mapchester, patrocinada pola Universidade de Manchester.

En España estes encontros realízanse con periodicidade (sobre todo nos fins de semán) en cidades de todo o país en conxunto pra mapear nalgures. Ademais do seu forte carácter tecnolóxico e espírito de traballo colaborativo, as mapping parties tamén son verdadeiros eventos sociais, xa que as persoas adoitan utilizar ditas "festas" pra compartir suxestións e experiencias, axudando ós novos colaboradores, etc...

Canles de contacto

Tódolos pormenores na páxina de Contacto.