Gl:Tag:leisure=outdoor_seating

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search
Public-images-osm logo.svg leisure = outdoor_seating
Seminaris CampusHotel Berlin 4.jpg
Descrición
Unha zona de asentos, terraza, xeralmente para o consumo de petiscos, comidas e bebidas das cafetarías e restaurantes. Ás veces unha grande área de terraza pertence a estabelecementos diferentes. Show/edit corresponding data item.
Representación en OSM Carto
Outdoor seating-14.svg
Grupo: leisure
Empregado nestes elementos
pode ser usado en nodosnon pode ser usado en víaspode ser usado en áreasnon pode ser usado en relacións
Combinacións útis
Ollar tamén
Estado: de facto

O termo "outdoor_seating" abrangue tódalas instalacións de terraza ó ar libre nunha área onde os clientes están sentados fóra do estabelecemento. A terraza adoita estar separada por macetas ou valos pequenos; tamén sinxelamente pode etiquetarse onde están instalados os asentos nun corredor ou patio interior.
Nos ambientes urbáns, as áreas ó ar libre dos cafés, bares, restaurantes e terrazas dos hoteis a miúdo son bastante visíbeis no verán con grandes antucas e vexetación decorativa tipo mediterránea.
Nos países mediterráneos (Portugal, España, Italia) os asentos están adoito ó ar libre.

Porén, os asentos (terrazas) ó ar libre ca etiqueta leisure=outdoor_seating non teñen porque vincularse ós populares xardíns da cervexa alemáns (cervexarías) ca etiqueta amenity=biergarten, xa que son cousas diferentes, aínda que a combinación tamén é posíbel (ollar embaixo), se un área exterior o permite e o servizo axústase a ela.

Nas áreas pequenas de cafetarías (e xeadarías), bares e restaurantes de bocadillos, os asentos fóra sempre se poñen só cando vai bo tempo nos horarios de apertura, entón nestes casos pódese prescindir desta etiqueta. Só cando están na maioría dos días ponse outdoor_seating=yes. Outra posibilidade é pór a tempada aproximada na que se poñen con seasonal = *.


De que xeito cartografar

Obrigatorio: engadir a etiqueta outdoor_seating=yes ó servizo de comidas. A etiqueta leisure=outdoor_seating non se debe empregar no servizo de comida en si, esta etiqueta é só para a súa área de terraza exterior!

Podes ollar a área de terraza exterior correspondente do seguinte xeito: Engade un nó no centro da área para terrazas exteriores máis pequenas. Para áreas máis grandes coma patios, áreas de cubertas: Debuxa a contorna da área coma unha liña pechada dentro da área definida. Engadir leisure=outdoor_seating e operator=*.

Para unha etiquetaxe máis precisa e informativa, engade as seguintes etiquetas opcionais deseguido. Para cervexarías ó ar libre e terrazas de restaurantes non é moi importante etiquetar o espazo de sombra. Isto tamén inclúe as árbores na marxe, ollar natural=tree.

Etiquetas complementarias, opcionais


Chave Valor Descrición
hotel yes Hotel; Áreas de terraza ó ar libre dos hoteis (p.ex., para almorzos / xantares)
restaurant yes Restaurantes; Servizo en terraza
cafe yes Cafetarías; Servizo en terraza
pub yes Bares con terraza con posibilidade de petiscos
bar yes Bares de copas - Áreas de terraza
beer_garden yes Servizo restrinxido
fast_food yes Restaurantes de comida rápida / snack - área de terraza
food yes Oferta limitada para comidas en comparación co interior
ice_cream yes Postos de xeados. Tamén para xeadarías propiamente ditas
bbq yes Asadoiros / barbacoas nunha área exterior ó ar libre
self_service yes Non hai servizo de camareiros en mesa / autoservizo.
playground yes Hai un parque para crianzas
heating yes Calefacción (radiador / chama de gas) dispoñíbel
weather_protection * Protección contra choivas e sol sobre a área
weather_protection parasol Para grandes proteccións contra o sol, espallados pola zona.
roof Para un teito protector aberto nas marxes da área.
awning Para un toldo
pavilion Para un pavillón lixeiro, é dicir, unha pequena carpa.
canopy Para un dosel
trees Para unha área de sobra baixo árbores


Onde está un sentado? Outras etiquetas complementarias (de ubicación), opcionais


Chave Valor Descrición
outdoor_seating * Ubicación ou contorna de asentos ó ar libre
outdoor_seating pedestrian_zone Nunha zona peonil
street Nunha rúa
sidewalk Nunha beirarrúa
parklet Nunha área adicional sobre a calzada (normalmente sobre áreas de aparcadoiro): [W] Parklet *
patio Nun patio
terrace Nunha área exterior tipo terraza
balcony Nun balcón
veranda Nun porche ou galpón
roof Nun tellado ou área superior dun edificio
conservatory Nun conservatorio
garden Nunha área de xardín
beach Nunha praia
  • Un "parklet" é unha zona adicional de asentos ó ar libre especial en vías públicas e non ten operador nin servizo, aínda que pode ser do propio estabelecemento se a lei o permite.


De que xeito pode un sentarse? Outras etiquetas complementarias (de confort),, opcionais


Chave Valor Descrición
outdoor_seating:comfort * A comodidade dos asentos
outdoor_seating:comfort stool Banquiño sinxelo
bench Banco sinxelo non tapizado
cushion_bench Banco tapizado confortábel
chair Cadeiras sinxelas
cushion_chair Cadeira / sillón confortábel
lounge Sillón moi confortábel tipo conxunto sala de estar
mixed As áreas de confort distribúense de xeito diferente na zona.


Combinacións útis


  • name=* Nome do tipo de cociña (cando a gastronomía ten un nome aparte).
  • operator=* Operador, por.ex. o nome do restaurante ou café, quen o opera.
  • cuisine=* O tipo de cociña ou comida que se ofrece.
  • drink=* O tipo de bebidas que se ofrecen.
  • access=* Acceso si / privado / clientes.
  • capacity=* Cantas persoas poden sentarse.
  • internet_access=wlan Área WiFi do estabelecemento dispoñíbel.
  • lit=yes Alumeado dispoñíbel.
  • wheelchair=* Accesibilidade mediante cadeira de rodas.
  • seasonal=* Aberto por tempadas, estacional (dry_season).

Ollar tamén


Exemplos con imaxes