Gl:Editores
Axuda | Acerca do OpenStreetMap | Navegación | De que xeito axudar | Apoiar ós datos do mapa | Editores | Glosario | Guieiro para principiantes | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pódense empregar varios editores para editar elementos na base de datos do OpenStreetMap. Antes de poder editar calquera dato, precisarás crear unha conta no OSM. Guieiro de principiantesO Gl:Guieiro para principiantes amosarache de que xeito engadir datos ó OpenStreetMap. Hai dispoñíbel titoriais en moitas linguas e podes escollelas dende a barra que figura na parte superior da páxina. Tamén pode que che interese ollar os Proxectos de cartografado para atopar a inspiración sobre o que cartografar. Editores principaisiD é o editor máis doado de empregar que se atopa por defecto no botón "Editar" da páxina de inicio do OpenStreetMap, e é ideal para contribucións de edición rápida. Execútase no teu navegador e baixa os datos de xeito automático mentres navegas polo teu redor. JOSM é unha aplicación de escritorio programada en Java altamente configurábel e extensíbel que permite editar máis datos á vez, empregando ferramentas máis avanzadas e de acceso directo ós datos co gallo dunha meirande complexidade. Potlatch é o precursor do iD, aínda empregado por bastantes persoas, e tamén dispoñíbel no botón 'Editar' ó premer na listaxe despregábel ("▼"). Require Flash. Vespucci é a aplicación do Android de emprego máis espallado.Go Map!! é o máis popular editor do iOS.
Escolla de editoresXa que o OpenStreetMap é unha plataforma aberta cunha API de edición, hai moitos outros editores para escoller, algúns cun subconxunto de funcións simplificado, algúns que operan en plataformas específicas, como dispositivos móbiles. A seguinte táboa enumera algunhas das opcións. Ó igual que con todas as listaxes desta wiki, a presenza na listaxe non ten que considerarse unha recomendación, bota unha ollada ás estatísticas de emprego do editor para ollar cales están actualmente en uso, xeralmente só se manteñen e reciben soporte de boas prácticas de cartografado aqueles editores cunha base actual de usuarios maior.
Eliminados ou descontinuadosOllar a subpáxina De baixa ou descontinuados para consultar a listaxe de algúns editores que xa non están dispoñíbeis. Ollar tamén
Ligazóns externas
|