Gl:Empregando OpenStreetMap
Velaquí presentamos algunhas instrucións sobre de que xeito ti podes empregar o OpenStreetMap. Trátase dun proxecto aberto, así que síntete libre para descobrir novos xeitos que aínda non están documentados aquí.
Se procuras unha aplicación ou servizo específico baseado no OpenStrretMap, ou desexas ollar un resumo do que a xente xa desenvolveu a partir do OpenStreetMap, por favor, visita Aplicacións do OpenStreetMap.
Hai tamén unha páxina especial sobre o emprego do OpenStreetMap sen conexión á internet.
Introdución
Milleiros de contribuíntes pasaron incontábeis horas para facer do OpenStreetMap a aplicación cartográfica accesíbel públicamente máis ampla do mundo. Neste intre varias persoas están aí fóra recollendo datos para engadilos ao mapa e actualizalo. E, dentro do contexto de liberdade da Licenza do OpenStreetMap, os mapas, os datos, e ademais o software, están á túa disposición, e á de todos, para usalos de xeito totalmente ceibe.
Como usuario do OpenStreetMap, podes consultalo en liña, planificar unha ruta e imprimir imaxes do mapa. Podes baixar datos do mapa para empregalos en varios receptores GPS, e ademais podes engadir unha vista do mapa á túa propia páxina web. Se es un desenvolvedor, os datos están accesíbeis para empregalos na túa propia aplicación cartográfica. Por suposto, se queres mellorar o mapa ou facer unha doazón ao proxecto, podes facelo tamén.
Licenza e exención de responsabilidade
Podes empregar a cartografía e os datos do OpenStreetMap sen cargo algún suxeito a dúas condicións: en primeiro lugar, dar recoñecemento ao OpenStreetMap debidamente sempre que empregues os seus datos ou a súa cartografía; e en segundo lugar, compartir calquera posíbel corrección e melora co proxecto.
O OpenStreetMap non é un mapa completo ou exacto do mundo e non se debe empregar de tal xeito que as deficiencias, omisións, imprecisións ou erros poidan provocar a morte, perda ou lesión. Consulta aquí a exención de responsabilidade.
É particularmente importante ser consciente de que os mapas poderían non ser plenamente fiábeis. Os nosos mapas son un continuo traballo en progreso iterativo. Tentamos xerar mapas nos que se poida confiar, tanto ou máis que en calquera outro mapa. A natureza wiki aberta e editábel deste sistema de cartografado axuda a conseguir este obxectivo, porén, tamén pode significar que sempre haberá algunhas inexactitudes. Deberás valorar persoalmente a precisión dos nosos mapas. Emprégaos sempre en conxunción con outras referencias, fontes oficiais e o teu propio senso común.
Mapas
Mapas en liña listos para empregar
Hai moitos mapas en liña especializados que empregan o OpenStreetMap como fonte de datos. Algúns exemplos:
Mapa Ciclista OpenCycleMap.org
Mapa de usuarios de cadeira de rodas Wheelmap.org
Mapa de lecer e actividades ao ar libre www.komoot.de
Mapa xeral con sobreposicións temáticas OpenStreetBrowser
Mapa de transporte ÖPNVkarte.de
Mapa marítimo OpenSeaMap.org
Mapa de equitación e sendeirismo wanderreitkarte.de
Mapa de sendeirismo con simboloxía waymarkedtrails.org
Mapa contra incendios (parques de bombeiros, hidrantes) OpenFireMap.org
Mapa de ciclismo de montaña e esquí de fondo que inclúen rutas e perfís de elevación XCTrails.org
Mapa de actividades ao ar libre 4UMaps
Exportar imaxes do OpenStreetMap
Para conseguir unha instantánea do mapa dende o OpenStreetMap en forma de ficheiro de imaxe, emprega a función exportación.
Mapas no teu sitio web
Podes empregar os mapas do OpenStreetMap no teu sitio web, xa sexa como unha imaxe estática ou con incrustación HTML. Se engades o teu propio mapa esvaradío, poderase personalizar moito máis.
Mapas no teu dispositivo GPS
Se queres ter un mapa baseado no OpenStreetMap en dispositivo GPS, visita Mapas GPS a partir de datos do OSM ou Mapa do OSM en Garmin para dispositivos Garmin.
Fóra de liña e sen conexión
Ollar OpenStreetMap sen conexión á internet.
Crea o teu propio mapa
Para crear o teu propio mapa, precisarás ter máis coñecementos técnicos. Na lapela de desenvolvemento do software fornecémosche máis detalles.
Mapas 3D
Podes obter modelos de cidades en tres dimensións co OpenStreetMap.
Exemplos de emprego
Consulta a subpáxina exemplos de mapas.
Software GIS
- Artigo principal: GIS software
Tratamos de documentar calquera interoperatibilidade especial do OpenStreetMap con cada software GIS. Tenta procurar na wiki un software GIS en particular, ou navega pola categoría Category:GIS software. Tamén existe software GIS de código aberto compatíbel co OpenStreetMap.
Hai unha morea de ferramentas de conversión dende ou cara datos do OpenStreetMap, incluíndo soporte para os populares formatos de ficheiro ESRI Shapefiles e PostGIS.
Se cadra tamén baixar anacos de datos en bruto do OpenStreetMap (con extensión .osm) que se poden exportar a unha ampla variedade de formatos (incluíndo SHP, POSTGIS ou geojson) para múltiples propósitos, incluíndo o emprego de software GIS profesional.
Software
Hai unha ampla variedade de software dispoñíbel a partir dos datos e servizos do OSM. Consulta a páxina Software.
Desenvolvemento do software
- Artigo principal: Gl:Desenvolvemento
Existen páxinas de axuda xerais para os desenvolvedores que empregan o OpenStreetMap:
- switch2osm.org explica de que xeito dacer a modificación dende outros servizos de datos ao OpenStreetMap.
- Para aprender de que xeito funciona o software do OpenStreetMap.
- Ademais, o OpenStreetMap execútase nun servidor de relativamente pequeno tamaño - consulta as nosas notas sobre o hardware do servidor para máis detalles. Tamén haiAPI v0.6 espellos (mirrors) e APIs Dev e Test que fan máis doadas as comprobacións de código que interactúa coa API do OSM.
- Listaxe de pescuda sobre software.
Se tes algunha pregunta, idea ou sinxelamente queres atopar outros compañeiros desenvolvedores, contacta coa comunidade de desenvolvemento do OpenStreetMap. Tamén temos unha listaxe con algúns libros relacionados co desenvolvemento de software co OpenStreetMap.
Seica tamén queiras consultar a listaxe de outros proxectos de recollida de datos xeográficos libres.
Aplicacións web
É doado empregar fontes de datos que empregan datos do OpenStreetMap dentro dunha aplicación web. Dende o Javascript, os xeitos comúns de facelo inclúen o emprego do Leaflet ou o OpenLayers. Existen moitas outras opcións para outros marcos de traballo tamén, incluídas as opcións comerciais que funcionan de xeito semellante ás ofertas comerciais que funcionan con datos non de balde. Ollar switch2osm.org para máis detalles.
As bibliotecas como o Leaflet e o Openlayers precisarán fontes de datos que empreguen datos do OpenStreetMap (por exemplo, unha fonte de teselas para amosar). Se desexas crear a túa propia fonte de datos que empregue os datos do OpenStreetMap, consulta switch2osm.org. Tamén existen outras opcións, por exemplo, para teselas vectoriais no canto de rásters ou teselas.
Ensino
- Artigo principal: Education
O OpenStreetMap creou un plan de estudos único que se centra na introdución de temas de interese que atinxen ao OSM: cartografado, tecnoloxías de código aberto, contribucións masivas (crowd sourcing) e traballos comunitarios. Está dirixido a estudantes de nivel universitario. Ademais, o OpenStreetMap ten varias cuestións de pescuda abertas que servirían para bos proxectos dos estudantes. Son cuestións que precisan ser pescudadas e problemas "a longo prazo" que poderían ser traballados polos estudantes como un proxecto separado.
Pescuda
- Artigo principal: Pescuda
Na conferencia do SotM-EU 2011, Muki Haklay deu unha parola co asesoramento de académicos interesados no OSM e o vídeo está dispoñíbel en liña. Consulta a nosa páxina de Pescuda para máis detalles sobre traballos de pescuda académica.