Gl:Navegación

From OpenStreetMap Wiki
(Redirected from Gl:Browsing)
Jump to: navigation, search
Idiomas dispoñibles — Browsing
· Afrikaans · Alemannisch · aragonés · asturianu · Aymar aru · azərbaycanca · Bahasa Indonesia · Bahasa Melayu · bamanankan · Bân-lâm-gú · Basa Jawa · Basa Sunda · Baso Minangkabau · bosanski · brezhoneg · català · čeština · corsu · dansk · Deutsch · eesti · English · español · Esperanto · estremeñu · euskara · français · Frysk · Gaeilge · Gàidhlig · galego · Hausa · hrvatski · Igbo · interlingua · Interlingue · isiXhosa · isiZulu · íslenska · italiano · Kiswahili · Kreyòl ayisyen · kréyòl gwadloupéyen · kurdî · Latina · latviešu · Lëtzebuergesch · lietuvių · Limburgs · magyar · Malagasy · Malti · Nederlands · Nedersaksies · norsk · norsk nynorsk · occitan · Oromoo · oʻzbekcha/ўзбекча · Plattdüütsch · polski · português · română · shqip · slovenčina · slovenščina · Soomaaliga · suomi · svenska · Tagalog · Tiếng Việt · Türkçe · Türkmençe · Vahcuengh · vèneto · walon · Wolof · Yorùbá · Zazaki · isiZulu · српски / srpski · авар · Аҧсшәа · башҡортса · беларуская · български · қазақша · Кыргызча · македонски · монгол · русский · тоҷикӣ · українська · Ελληνικά · Հայերեն · ქართული · नेपाली · भोजपुरी · मराठी · संस्कृतम् · हिन्दी · অসমীয়া · বাংলা · ਪੰਜਾਬੀ · ગુજરાતી · ଓଡ଼ିଆ · தமிழ் · తెలుగు · ಕನ್ನಡ · മലയാളം · සිංහල · བོད་ཡིག · ไทย · မြန်မာဘာသာ · ລາວ · ភាសាខ្មែរ · ⵜⴰⵎⴰⵣⵉⵖⵜ · አማርኛ · 한국어 · 日本語 · 中文(简体)‎ · 中文(繁體)‎ · 吴语 · 粵語 · ייִדיש · עברית · اردو · العربية · پښتو · سنڌي · فارسی · ދިވެހިބަސް
Axuda Verbo de OpenStreetMap Navegación De que xeito axudar Apoiar ós datos do mapa Editores Glosario Guieiro pra noveis

Deseguido está a procurar a "navegación" (browsing) básica do OpenStreetMap www.openstreetmap.org

Browsing.png

Desprazándose polo mapa

Pra navigar polo OpenStreetMap, abra a ligazón principal www.openstreetmap.org. Este visor permítelle atopar os lugares polo seu nome (consulte a seguinte seción) e/ou pra ampliar e percorrer o noso mapa mundial.

  • Pra amplíar a imaxe (zoom in) preme na icona de máis (1) na esquiña superior dereita ou prema a tecla máis do teclado (+). Isto achegarase cara ao centro do mapa actualmente amosado.
    • Mantendo premida a tecla de shift mentres fai clic en zoom, aumenta a imaxe en tres niveis.
    • Tamén podes aumentar a imaxe co rato premendo dúas veces no mapa. Isto achegarase cara á posición actual do punteiro do rato.
    • Tamén podes facer zoom mantendo presionada a tecla shift e debuxando unha caixa co rato sobre a área na que queres ampliar.
  • Se ti tes un dispositivo multi-táctil (multi-touch device) podes facer zoom e pellizcar, diferentes xestos pra amplíar (zoom) o mapa máis ou menos.
  • Pra afastar a imaxe (zoom out) prema na tecla de menos (2) na esquiña superior dereita, na tecla menos (-) ou use a roda de desprazamento do rato. A tecla shift+clic tamén funciona aquí.
  • Pra extraer e desprazarse arredor (pan and scroll around) sinxelamente arrastre o mapa co rato ou use as teclas de frechas.
  • Pra centrar o mapa onde atópaste (na xeolocalización fornecida polo teu navegador) prema na icona de frecha (3).

Verás un esquema costeiro en xeral de países con elevados niveis de zoom, pero a medida que avanzas, podes atopar estradas e todo tipo de detalles que temos nos nosos datos.

Atopando lugares

Na caixa de procura que aparece ó carón do mapa (10), insira o nome dunha cidade/pobo/estrada, nome da tenda ou combinacións como bakery tour Eiffel, fast food Piraeus etc. – vexa Nominatim pra máis información. Algúns lugares tamén describense neste wiki baixo o nome de Mapping projects.

Muda as capas na páxina de inicio premendo na icona de capas (4)

Capas

Podes cambear entre diferentes "capas" que fornecen vistas diferentes dos mesmos datos de mapeamento. Faino premendo na icona de capas (4)

A capa chamada "Estándar" é a predeterminada. O "Mapa ciclista", o "Mapa de transporte" ou o "Humanitario" son alternativos. Os estilos semellan bastante diferentes. Cal é mellor, adoita ser unha cuestión de preferencia persoal. Estas vistas reprodúcense de diferentes xeitos (sendo convertidos desde datos brutos nunha imaxe de mapa), aínda que todos estes empregan a software do Mapnik. Aínda que as capas están a funcionar en diferentes infraestruturas de servidores con diferentes configuracións, unha capa pode estar máis actualizada en comparación con outra (as estradas mapeadas recentemente non amósanse).

Lenda do mapa

Nas capas "Estándar" e "Mapa ciclista" hai unha lenda básica que amosa de que xeito represéntanse os diferentes tipos de obxectos (principalmente estradas) no mapa. Prema na icona “i” (5) pra amosala. Pra obter unha lenda máis compreta na capa "Estándar", vexa a páxina "Standard tile layer/Key". Pra obter lendas máis compretas do "Mapa ciclista", vexa [1].

Outros deseños

Os recén chegados tamén deberían ter en conta que na natureza do OpenStreetMap hai moitos outros modelos de mapas dispoñíbeis noutro lugar se a pequena selección en www.openstreetmap.org non apela. Todos encóntranse baseados nos mesmos datos do OSM. Un bo punto pra comezar a descubrir pode ser "List of OSM-based services".

Notas/Apuntamentos

Vexa Notas

Na barra lateral "capas" (4), tamén pode marcar "notas" pra amosar as notas que as persoas puidesen poñer no mapa velaquí. Se existen, verá os marcadores. Prema nos marcadores pra ler as notas.

Pra engadir unha nova nota ó mapa, prema no botón "Notas" (7)

Capa de datos do mapa

Na barra lateral "capas" (4), tamén pode marcar 'datos' pra activar o navegador de datos. Isto dálle unha vista dos datos subxacentes, o que lle permite seleccionar os elementos e ver os seus datos de etiquetas e editar o historial. As funcións semellantes tamén están dispoñíbeis nos editores (ollar "Edicións"). Esta vista é de só lectura. É unha JavaScript interface que require un poderoso navegador web actualizado, pero non require Adobe flash soporte.

Hai tamén unha interface de datos máis sinxela: empregue a ferramenta de características de consulta premendo en ? (11). Deseguido, prema nun lugar no mapa para ver que elementos de datos están neste lugar.

Compartindo unha ligazón ós mapas

Se aínda non coñeces OpenStreetMap, abre esta ligazón nunha nova lapela e vexa a páxina dd inicio do OSM.

Pode amosar algo no mapa OSM a alguén (compartilo) por …

  • empregando o "Panel de Compartir" (6) (deseguido vexa de que xeito engadir un marcador ou nota) ou por
  • copiando a URL da barra de enderezos do seu navegador (8) e colándoo/pegándoo, por exemplo, nun correo electrónico pra enviar. Ó empregar (premendo) esa URL, o destinatario verá o mesmo mapa que ves (con calquera resaltado opcional feito para mostrar unha función).

Amósanse os aspectos "destacados" (highlights) opcionais …

  • se ti desexas procurar (10) algo preme nun resultado,
  • se premes en ? (11), pasa o rato por enriba, fai clic sobre algún punto do mapa e repara nun dos resultados atopados,
  • se queres engadir un marcador (deseguido vexa a sección de que xeito engadir un marcador).

Teóricamente, a URL modifícase de forma dinámica mentres se un desprázase e está construída como se describe deseguido na sección "Outros trucos da URL".

Engadindo unha nota ou marcador

Pasos máis precisos pra xerar unha ligazón cun marcador

Outra opción no panel 'compartir' é compartir un URL do mapa que o fará mostrar cun marcador.

  • Acercar (zoom in) a imaxe ata a área aproximada que precise.
  • Abre o panel 'compartir' (6 na imaxe superior)/(1 velaquí a imaxe dereita)
  • Prema a casilla "Incluír marcador" para engadir un marcador. (2)
  • Sitúe o mapa ou arrastre o marcador pra colocarlo precisamente (3)
  • Afastar imaxe (zoom out) (por exemplo, premendo no botón de menos) se desexa compartir un mapa da área máis longa
  • Selecciona "Ligazón" ou "Ligazón curta" na caixa da dereita (4)
  • Fai clic na caixa de URL directamente debaixo dos botóns, a URL quedará seleccionada automaticamente (5), copia a URL (por exemplo, por premer co botón dereito e "copiar") (6)
  • Cola/pega o seu URL nunha nova xanela do navegador pra probalo
  • Cola/pega o URL noutro lugar pra compartilo.

Olle tamén Cuestión: Como engado un marcador ó mapa? que enumera algunhas outras opcións.

Ligazóns curtas

O OpenStreetMap admite URL curtos moi compactos que se poden xerar no panel 'compartir' (6). As ligazóns curtas son axeitadas pra enviar correos electrónicos, chíos do Twitter e compartindo ligazóns de mapas en situacións nas que un URL longo pode orixinar problemas. Redirixen ó tipo máis longo da URL descrita anteriormente. Teña en conta que estas ligazóns curtas distinguen entre maiúsculas e minúsculas e conteñen I, l e 1. Nalgunhas fontes estas letras poden ser difíciles de distinguir. Pra obter máis información sobre de que xeito funciona a funcionalidade do acurtado de ligazóns, vexa Shortlink.

Outros trucos das URL

Teña en conta que algúns parámetros de URL poden non ser compatíbeis a longo prazo. Non fornecemos garantías.

A URL está construída de este xeito:

http[s]://www.openstreetmap.org
[/nodo|vía|relación/<número>[/historial[#<versión>]]]
/?
[&mlat=<latitude>&mlon=<lonxitude>]
[#map=<nivel de zoom>/<latitude>/<lonxitude>]
[&bbox=<lonxitude mínima>,<latitude mínima>,<lonxitude máxima>,<latitude máxima>]
[&layers=<código da capa>]
  • Os parámetros mlat e mlon son empregados ​​pra indicar a posición do marcador vermello. Teña en conta que o marcador pode estar fóra da parte do mapa amosado.
  • O parámetro URL capa leva un código de capa especial que representa a selección de capa. O parámetro é opcional e, se o deixas fóra, amosaremos o noso estilo de mapa "Estándar" por defecto. Vexa "parámetros URL das capas" pra obter máis información.

bbox URLs

Os formularios URL amosados enriba producirán un mapa centrado na latitude e lonxitude especificados. Tamén é posíbel obter un mapa que amosa todo dentro dunha caixa límite dada.

https://www.openstreetmap.org/?minlon=[Lonxitude mínima]&minlat=[Latitude mínima]&maxlon=[Lonxitude máxima]&maxlat=[Latitude máxima]&layers=[Código da capa]
https://www.openstreetmap.org/?bbox=[Lonxitude mínima]%2C[Latitude mínima]%2C[Lonxitude máxima]%2C[Latitude máxima]&layers=[Código da capa] (lémbrate de que o "%2C" é o código pra amosar unha coma, por RFC 2396)

Exemplo: https://www.openstreetmap.org/?minlon=22.3418234&minlat=57.5129102&maxlon=22.5739625&maxlat=57.6287332

Tamén podes combinar o cadro e o marcador. Exemplo: https://www.openstreetmap.org/?minlon=22.3418234&minlat=57.5129102&maxlon=22.5739625&maxlat=57.6287332&mlat=57.5529102&mlon=22.5148625

URL de nodos/vías/relacións

Tamén é posíbel preguntar directamente a openstreetmap.org pra amosar un nodo, vía ou relación en particular. Exemplos:

Procurando nodos/vías/relacións

Tamén é posíbel preguntar directamente a openstreetmap.org pra procurar detalles dun determinado nodo, vía ou relación. Exemplos:

Pra engadir o historial compreto insire /history:

Se precisas dunha versión especial engadir /history#<version-number>

As variantes "api/0.6" devolven os datos brutos (axeitados pra os editores e software de OSM) no canto dunha páxina HTML (axeitada pra navegadores web ou en liña). Isto podería mellorar as túas necesidades e, normalmente, funciona moito máis rápido que a versión HTML.

Que é o seguinte?

Unha vez que investigaches os nosos mapas, é hora de achegar o zoom ó teu barrio e probar ese botón de edición (9). Vexa Editing pra obter máis instrucións e tamén consultar http://learnosm.org, un bo sitio de documentación pra comezares a editar.

Que máis é o seguinte? Ben, hai moitas outras formas de involucrarse, ou pode estar máis interesado no Uso do OSM.

Opcións alternativas de navegación polo mapa

Se precisa unha interface alternativa pra a navegación básica de mapas...

  • Mobilemap está optimizado pra navegadores sen soporte Javascript. A pantalla está optimizada para pequenos tamaños de pantalla e apunta a dispositivos móbiles.
  • Tamén podes procurar pola Listaxe de servizos baseados no OSM.

Detalles técnicos

Os detalles técnicos sobre a interface "navegación" deste mapa atópanse na páxina "Slippy Map".