Gl:Control de calidade

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search
Ollar tamén: Precisión, Completeza

As ferramentas de control de calidade serven para mellorar a calidade dos datos no OSM. A miúdo, as ferramentas acadan isto fornecendo unha listaxe de erros nos datos, erros que os cartógrafos poden despois arranxar empregando ferramentas de edición. Os erros detéctanse de xeito automático segundo as regras e a análise de datos, ou ben as ferramentas fornecen un medio de informar sobre eles de xeito manual, ou algunha combinación de ambolos dous métodos. Hai moitas ideas diferentes sobre de wue xeito facer isto e en que tipo de erros convén concentrarse, polo que existen moitas ferramentas diferentes.

O OpenStreetMap é adoito actualizado e ten maior calidade que outros mapas comerciais cando se trata de vías novas ou modificadas de xeito recente.

Ferramentas de informe de erros

Estas son ferramentas que tratan de destacar e sinalar partes dos datos que probábelmente son erróneos. Tamén se inclúen informes de comprobacións manuais de calidade por parte de persoas. En ambolos dous casos, os problemas sinalados poden conter falsos positivos e, ó editar, débeser ter coidado de asegurar a súa exactitude. Porén, estes informes poden fornecer unha visualización moi valiosa das áreas que precisan atención e axudar a detectar e corrixir erros.

  • Notas
    Notas é unha funcionalidade do sitio web do OpenStreetMap. Os informes de erros poden ser engadidos mediante o botón 'Engadir unha nota' situado na esquina inferior dereita. As notas empregan o mesmo concepto que os OpenStreetBugs, ós que foron substituídos.
  • MapDust
    MapDust é unha ferramenta de control de erros operada por skobbler, que tamén se integra na súa solución de navegación paso a paso baseada no OSM, centrándose en principio nos erros relevantes para a navegación, pero agora servindo coma ferramenta xeral de control de erros. Coma moitos dos seus usuarios (usuarios finais) poden non estar informados de que xeito funciona o OpenStreetMap en absoluto, tamén hai incluídos algúns informes de erros non relevantes, pero contén moitos bos informes que non está cubertos por outras ferramentas. Se se determina que un erro está a causar por datos OSM, un editor OSM pode corrixir os datos e marcar o erro coma resolto. Actualmente está dispoñíbel en inglés, alemán, francés, italiano, castelán e rumano.

Ferramentas de detección de erros

As ferramentas de detección de erros comproban os datos do OSM para atopar posíbeis erros, inexactitudes ou lugares pouco cartografados. Os usuarios teñen que comprobar se estas estruturas son realmente erróneas (os falsos positivos dánse adoito e non existen realmente regras fixas ó cartografar) e corrixir os datos para unha continua mellora da calidade dos mesmos.

Comparación dalgunhas das ferramentas seguintes

Ferramenta Cobertura Tipos de erros Tipo de visualización Suxestión de corrección Descargábel API Guía de corrección
Keep Right Mundial Moitos (50+) Mapa marcador non Si Si Só alemán
Osmose Mundial Moitos (200+) Mapa marcador Si Si Si Si
JOSM Validator Local Moitos Listaxe Si - - Para algúns problemas
OSM Inspector Mundial/Parcial Moitos Mapa representado Non Si ? Non
Maproulette Mundial/Parcial Moitos (10+) Unha característica cada vez Non Si Si Non
BRouter Suspects Mundial Enrotamento de automóbiles Listaxe Non Non Non Non
  • Keep Right
    Keep Right (keepright.at) amosa un grande número de erros potenciais detectados de xeito automático sobre un mapa ou en forma de listaxe. Ten un sistema para informar de falsos positivos e para etiquetar un erro coma arranxado. Ten regras para detectar de xeito automático os seguintes tipos de erros: áreas non pechadas, rúas sen saída, falla de conexións, etiquetas vellas, etiquetas ausentes, pontes/túneis sen capa (coidado, non sempre é un erro), autoestradas sen referencia, lugares de culto sen relixión, PDI (Puntos de Interese) sen nome, vías sen nós, illas flotantes, cruzamentos de ferrocarrís sen etiquetaxe, etiquetas de cruzamento de ferrocarrís mal empregadas, obxectos ca etiqueta FIXME=* e relacións sen tipo.
    Na esquina inferior dereita da súa interface dispón de ligazóns para saída de datos, incluíndo o GeoJOSN.
    Hai documentación acerca de que xeito resolver erros co Keep Right, actualmente só en lingua alemá: DE:Keep Right Users Guide aínda que é posíbel unha tradución automática ó galego.
    Posíbeis desvantaxes: Keep Right amosa ducias de milleiros de erros, incluíndo moitos que teñen pouco impacto para a maioría de empregos dos datos (p. ex., un regato que cruza unha estrada: técnicamente precísase algunha característica aquí: unha ponte, unha recollida de pluviais ou un vao. Keep Right emprega suposicións deficientes sobre capas de pontes e túneis que ás veces conducen a mensaxes de erro falsos ou enganosos (páxina de conversa).
  • Osmose
    Osmose ([1]) é unha ferramenta semellante ó Keep Right pero fornece incluso máis tipos de erros. Obviamente, isto tamén inclúe cuestións pequenas, coma as imprecisións menores ou a falla de información que tería que estar presente nun mapa ideal.
  • JOSM Validator
    Validador JOSM. Unha funcionalidade de JOSM que comproba os datos cargados no editor, sinala erros e advertencias, e pode (a petición) realizar algunhas correccións automáticas. De xeito predeterminado, comproba tódolos obxectos modificados en esa sesión (e tamén informa de erros aínda que o usuario non os inserira de xeito directo senón que sexa produto dun retoque), se ben o validador tamén pode facer validacións completas nos datos baixados.
  • As ferramentas de Gary68
    Gary68 creou unha morea de ferramentas de control de calidade. As ferramentas non se manteñen actualmente. A maioría delas están escritas no Perl (liñas de código para a túa computadora – non ferramentas web) e o código fonte de tódalas ferramentas de Gary68 está publicado en liña. Olla tamén Category:gary68.
    • WayCheck é un programa que comproba os datos do OSM (arquivo) sobre extremos abertos e cruzamentos. As localizacións atopadas teñen que ser evaluadas polo usuario e el ou ela pode corrixir os datos no JOSM ou Potlatch, ou publicar unha nota no OpenStreetBugs. A páxina do WayCheck relaciona informes xerados polo programa e anímase a calquera usuario a xerar informes e corrixir os erros enumerados na páxina e as súas ligazóns. Isto é especialmente útil para a calidade dos datos relacionados co enrotamento.
    • MotorwayCheck relaciona problemas relativos a "highway=motorway". A páxina tamén amosa informes de erros.
    • osmdiff é un programa que compara dous ficheiros do OSM e documenta as mudanzas en forma de listaxe e sobre o mapa. Algúns informes poden ser ollados aquí: Informes osmdiff.
    • unmappedplaces atopa unha listaxe dos lugares potencialmente non cartografados. Estes relaciónanse na páxina da wiki. A consulta pódese facer tamén para outros países.
    • Mapping Quality é o sucesor de unmappedplaces. Olla a páxina da wiki para os resultados. Obtén un directorio de rúas automático, KPIs (números) por lugar, mapas que amosan o estado e ficheiros CSV para o procesamento posterior.
    • SomeChecks fai algunhas comprobacións: de unidireccionalidade, de rotondas, de dobre nó (vías), de áreas.
    • Relation Diff - Diferenzas en relacións.
    • Relation Check
  • Coastline Error Checker
    Coastline error checker ([2]) amosa buratos ou outros problemas nas liñas costeiras.
  • OSM Inspector
    OSM Inspector (abreviado: OSMI) dispón de varias vistas para diferentes necesidades de cartografado. Procura erros en xeometrías, etiquetado, lugares, vías, relacións e outros elementos da base do OpenStreetMap.
  • TIGER Edited Map
    TIGER Edited Map (sitio web) - Mapa que amosa que áreas dos Estados Unidos foron editadas dende a importación TIGER.
  • Coarse Highway
    Estradas trazadas con poucos puntos. Olla a entrada do blogue (Coarse Highways) (en).
  • OS Locator Musical Chairs
    OS Locator Musical Chairs (sitio web) trata de emparellar de xeito intelixente as rúas do OSM en Gran Bretaña ca base de datos de nomes de rúas do localizador do OS e amosa unha interface navegábel cos resultados.
  • Map of Turn Restrictions
    ahorn.lima-city.de/tr/ amosa restricións de xiro e visualiza en sobreposicións separadas os erros e advertencias con problemas potenciais relativos a restricións de xiro. Olla tamén Relation:restriction#Tools para coñecer máis ferramentas.
  • US Interstate refs
    US interstate refs relaciona números de referencia interestatais e as súas correspondencias no OSM.
  • layers.openstreetmap.fr
    FR:Servers/layers.openstreetmap.fr fornece un mapa escorregante con capas de imaxes que fan máis doada a procura de posíbeis erros nos datos cunha cobertura mundial. O servizo fornece:
    • capas con estradas/rúas...
      • sen nome
      • sen referencia
      • sen unidireccionalidade
      • con marcaxes "fixmes" e textos de notas.
    • Esta ferramenta tamén xera capas coradas semitransparentes que amosan áreas administrativas por "admin_level", así coma outras áreas "políticas" (empregadas en Francia para cartografar subdivisións electorais, así coma estruturas intercomunais de cooperación que no encaixan na xerarquía de niveis administrativos, xudiciais e electorais). Estas capas coradas permiten atopar de xeito doado os límites que fallan, atópanse rachados, incompletos ou abertos, así coma os límites sobrepostos ou duplicados do mismo tipo, ou límites que non están etiquetados de xeito correcto para poder ser atopados de xeito doado consultando a base de datos do OSM con filtros sinxelos (por exemplo, a ausencia da etiqueta "boundary=administrative", ou o incorrecto emprego ou ausencia do valor no "admin_level=*").
  • MapQuest's Nominatim Broken Polygon Tool
    Esta ferramenta amosa multipolígonos que representan algún problema para Nominatim. Estes polígonos ‘rachados’ poden atoparse na desconexión interior dun multipolígono ou onde un polígono intersecta con si mesmo.
  • Maproulette tamén coñecido coma Remap-a-Tron
    Servizo Remap-a-Tron, entrada do blogue e github – É unha aplicación web personalizábel de colaboración masiva para arranxar erros específicos do cartografado ó chou amosando un ítem dun tipo específico cunhas necesidades potenciais de arranxo. Orixinalmente foi deseñado para sinalar áreas con vías eliminadas debido a un cambio de licenza, agora espallándose cara unha pantalla de tipo xeral destinado a usuarios finais para solucionar problemas identificábeis. Este servizo tamén é coñecido coma MapRoulette (maproulette.org).
  • osmlab's to-fix
    to-fix é semellante a Maproulette (ollar a ferramenta previa); amosa un erro ó chou a partir da listaxe global. Tamén dispoñíbel coma complemento do JOSM.
  • netzwolf's opening_hours & co. map
    netzwolf's opening_hours & co. map - Comproba horarios de apertura, horas de servizo...
  • So that is what inaccessible road is!
    So that is what inaccessible road is! - amosa os treitos de estrada que por diversas razóns son inaccesíbeis (tamén se os chama "partes non viábeis ou enrotábeis da rede de estradas) mapa e permite a edición no JOSM ou no Potlatch.
  • Routino error log
    Routino é un enrotador para datos do OSM que pode xerar un ficheiro de rexistro de erros (cando se executa ca opción --errorlog) que enumera os problemas atopados que poderían ser erros de datos ou incompresións de datos por parte do Routino e que poden afectar á capacidade de calcular rotas válidas. Xa que o propósito do rexistro de erros do Routino é atopar datos que causan problemas para o propio Routino, non quere dicir que tódolos erros rexistrados sexan erros nos datos.
  • Bicycle tags map
    O mapa de etiquetas ciclistas é un mapa web que amosa as etiquetas relativas a bicicletas. O obxectivo deste mapa web con etiquetas ciclistas é representar etiquetas relativas a bicicletas que non son (axeitadamente) representadas no mapa Mapnik do OSM ou sobre a versión do mapa ciclista. Pode ser útil para detectar erros no OSM.
  • Administrative Grenzen in OSM
    Un mapa (ags.misterboo.de) que compila tódalas fronteiras alemás no OSM e tamén visualiza erros (multipolígonos non pechados).
  • Max Speed Overpass
    Max Speed Overpass sitio web é un mapa web que amosa velocidades máximas. O obxectivo deste mapa web é amosar as velocidades máximas e editalas dende o propio mapa empregando o teu editor do OSM favorito. Os datos amosados sempre están actualizados porque emprega a consulta do overpass.
  • CheckAutopista
    CheckAutopista sitio web é un mapa web para comprobar información sobre autoestradas sen portaxe. Permite comprobar por velocidade máxima, carrís e nome empregados nas vías, e comproba se as saídas teñen as súas referencias e os seus "exit_to" (ou destinos). Tamén amosa a área de servizo da autoestrada, as áreas de descanso e cabinas de portaxe.
  • Relation Analyzer
    O Analizador de relacións (ra.osmurround.org) permite ollar varios aspectos relacionados co control de calidade das relacións: (entre outros) relacion sobre un mapa con inicio e final dos segmentos marcados, advertindo se a relación ten "buratos" acompañados por unha listaxe de segmentos se hai baleiros, un perfil de altitude, tipo de vías, etiquetas engadidas.
  • analyser.openstreetmap.fr
    analyser.openstreetmap.fr é unha ferramenta de análise de relacións en tempo real. Dando un identificador de relación, proba a validación de multipolígonos de calquera tipo, límites administrativos (e tamén relacións lineais a unha certa extensión).
  • qa.poole.ch
    qa.poole.ch é unha ferramenta que amosa rúas sen nomes (respectando noname=*), noaddress=* e access=yes).
  • Lyrk Unvollständige Adressen
    Lyrk Unvollständige Adressen amosa os elementos ca etiquetaxe addr=* incompleta.
  • Improve OSM
    Este conxunto de ferramentas de ES:Telenav fai máis doado corrixir unha grande cantidade de datos baseados no OSM que ES:Telenav recompila a partir da súa navegación e mapas do GPS - Aplicación Scout (entrada do blogue).
    Isto inclúe a identificación de potenciais camiños perdidos, rúas dun só sentido e restricións de xiro.
    As ferramentas están dispoñíbeis coma sitio web e coma plugin para o JOSM.
  • Restriction Analyzer por MorbZ
    OSM Restriction Validator amosa restricións e restricións non necesarias que bloquean o acceso a rúas.
  • OSM-Sidewalker por Mapbox
    OSM-Sidewalker por Mapbox amosa unha sobreposición de vías que semellan ser beirarrúas pero que perderon a etiqueta footway=sidewalk. A ferramenta presentouse nunha entrada do blogue (en).
  • Unmapped places
    Unmapped places é unha ferramenta de erros realizada por neis-one.org que indica lugares sen estradas.
  • Errors in Alternativas libres
    Na lapela de descarga de Alternativas libres, podes atopar un ficheiro de texto que indica os erros detectados cando fan os seus mapas para o Garmin. Está dividido por países e a información actualízase de xeito diario.
  • OSMsuspects!
    OSMsuspects! (só Alemaña) comproba etiquetas de enderezos incorrectos addr:city=*, addr:street=* e addr:postcode=* comparándolas cos datos públicos gobernamentais de límites. Tamén comproba se polo menos a rúa e o número están dispoñíbeis nun obxecto de enderezo. Máis información en DE:OSMsuspects! (en alemán).
  • Is OSM up-to-date?
    Is OSM up-to-date procura nós e vías antigas e potencialmente vellas e obsoletas.
  • BRouter Suspect Manager
    BRouter Suspects detecta problemas potenciais que afectan á conectividade da rede vial. A detección baséase no motor de enrotamento do BRouter, que emprega un perfil de automóbil, e céntrase principalmente en vías sen saída «highway=tertiary» ou superiores, máis algúns outros patróns de detección relacionados con estradas bloqueadas que tocan a rede enrotábel. Ademais de marcar sospeitosos coma corrixíbeis ou falsos positivos, o administrador de sospeitosos tamén permite agochar os sospeitosos por un tempo determinado, o que o fai útil tamén para o seguemento de edicións de construcións temporais ou eidos máis complicados que atinxen parolas de conxuntos de mudanzas ou notas do OSM.
  • housenumbervalidators
  • Osmoscope
    Osmoscope é unha ferramenta de control de calidade do OpenStreetMap «escasamente usábel, máis unha proba de concepto». Execútase no navegador web, amosa problemas nos datos do OSM e fornece acceso ó editores do OSM para solucionar eses problemas. Calquera pode engadir capas adicionais. O código fonte está dispoñíbel no GitHub.

Ferramentas de visualización

  • ITO Map
    ITO Map é un servizo de sobreposición de mapas fornecido polo ITO. As capas cobren diferentes tipos de datos: barreiras, edificios e enderezos, aparcadoiros para coches, distribución de electricidade, Fixme, ferrocarrís antigos, camiños, metros, canles navegábeis, vías férreas, escolas, límites de velocidade en km/h e mph, tipos de pistas, estradas descoñecidas, auga, etc.
  • Pedestrian overlay
    Pedestrian overlay – Un mapa de datos peonís ou destinados a camiñantes; útil para verificar a cobertura ou a conectividade do mapeo para peóns.
    O seu obxectivo é amosar a completeza cartográfica para peóns (cantos dos elementos etiquetábeis de peóns están etiquetados con datos de peóns); isto pode resultar de utilidade para ollar como de ben está a cartografia dunha área para peóns.
    Tamén pretende dár unha idea da conectividade (que tan ben están conectados os elementos, é dicir, se os elementos peonís teñen os nós conectados entre si mediante outros nós; ás veces os elementos peonís son cartografados sen amosar de que xeito se conectan, por exemplo, un camiño que se conecta a unha beirarrúa pode non ten aínda un nó que os conecte de xeito mutuo entre si); esta información pode ser de utilidade para aqueles que traballan no enrotamento.
  • OSRM debug option
    OSRM debug option - A opción de depuración da páxina de demostración do OSRM fornece unha sobreposición dos mapas cas velocidades de estradas calculadas polo OSRM.

Ferramentas de seguemento

Ademais das anteriores ferramentas para detección e informe de erros, hai unha serie de ferramentas que che permiten detectar mudanzas e edicións erróneas. Por exemplo, se estás moi familiarizado cunha área e a cartografaches a fondo, é posíbel que desexes seguir tódalas mudanzas e verificar que non se produciron danos non intencionais ou actos de vandalismo na área. Planet History inclúe tódalas mudanzas que se fixeron, pero pode non ser de doado uso.

No caso de que unha mudanza estea mal (por 'erro' ou vandalismo), podes desfacer a mudanza.

As seguintes e outras ferramentas tamén relaciónanse na páxina Listaxe de servizos baseados no OSM. Para métodos de detectar de xeito automático conxuntos de mudanzas sospeitosos, olla Detección de vandalismo.

  • osm.org
    A API v0.6 introduciu o concepto de conxunto de mudanzas. Este é un grupo de edicións feitas por un usuario particular. Desenvolvéronse algunhas novas lapelas para a capa de presentación web:
    • A lapela do 'historial' amosando os conxuntos de mudanzas recentemente feitos que posíbelmente afectan (sobreposición do cadro delimitador) á área do mapa actualmente representada.
    • A lapela das 'edicións de usuario' amosando conxuntos de mudanzas recentemente feitos por un usuario particular.
  • ITO world OSM Mapper
    OSM Mapper - osmmapper é unha ferramenta (require rexistro de balde) que permite ollar cando unha área foi cartografada por última vez. Podes definir unha rexión que desexes supervisar e subscribirte á correspondiente canle RSS.
  • Real-time change following
    Actualmente case o mesmo contido: List of OSM based Services#Live/real-time edits to OSM data
    • LiveEditMapViewerJ é un programa Java que permite seguir as mudanzas sobre un mapa mundial mentres estes fanse sós.
    • OSMZmiany baséase no LiveMapViewerJ pero ten algunhas funcións adicionais.
  • History Browser
    Navegador de historial polo virtuelle-loipe con ferramentas diff para nós, vías e relacións (comparación de dúas versións de xeito conxunto).
  • Mapki's Deep Diff
    http://osm.mapki.com/history/ - ferramenta diff para un só nó, vía ou relación. Amosa tódalas versións nunha táboa. Hai dispoñíbel un bookmarklet.
  • OSM Deep History
    https://osmlab.github.io/osm-deep-history/ - ferramenta diff para un só nó, vía e relación (pero sen nós de vías e, agora, non funciona para relacións). Amosa tódalas versións nunha táboa. Hai dispoñíbel un bookmarklet.
  • OSM History Viewer (por PeWu)
    https://pewu.github.io/osm-history - ferramenta diff para un só nó, vía ou relación, sen amosar os membros da relación. Amosa soamente as mudanzas codificadas polas cores nunha listaxe. Hai dispoñíbel un bookmarklet na páxina.
  • OSM History Viewer
    O Visor de Historial OSM (OSMHV, polas súas siglas no inglés) amosa as modificacións por conxuntos de mudanzas individuais dun xeito visual, sinalando as posicións dos obxectos antes e despois dun determinado conxunto de mudanzas e mudanzas das etiquetas. Olla tamén: a ferramenta achavi ten unha función semellante.
  • OSM Aware
    OSM Aware é un programa (dispoñíbel só en código fonte Python, pero sen ningún servizo web operativo) para crear ficheiros KML de posicións de mudanzas do OSM.
  • Historical Coverage
    O servizo Cobertura Histórica crea animacións do desenvolvemento histórico nunha área específica. (o servizo está inactivo)
  • UserActivity
    UserActivity - Estatísticas e mapas da actividade do usuario en dous ficheiros OSM. Pode servir para detectar vandalismo... Informes (para Alemaña) xerados de xeito periódico.
  • WhoDidIt
    WhoDidIt (Quen-O-Fixo) é un analizador de conxunto de mudanzas para o OpenStreetMap que pescuda que foi mudado nunha área determinada. Pode que teñas que escoller "mes" ou incluso "medio ano" no parámetro "Age" para ollar as edicións; a lapela podería delongarse uns segundos. Fornece unha canle RSS para manterche informado das novas mudanzas.
    O software conta cunha licenza WTFPL. Existen polo menos dous versións alternativas. Descrición máis longa.
    Implementacións en liña:
  • RSS History Filter
    RSS History Filter filtra os conxuntos de mudanzas grandes a partir das canles RSS xeradas dende a lapela do "Historial" do OpenStreetMap.
  • OSM control tool
    http://osmct.de ­– fai o seguemento dos polígonos definidos libremente e envía as mudanzas por correo. Só funciona baixo rexistro (de balde)?! (dispoñíbel só en alemán).
  • tyrasd's RSS feed link creator
    Canles RSS para control de calidade pódense xerar de xeito autodefinido mediante un cadro persoalizado en tyrasd.github.io/osm-qa-feeds.
  • tyrasd's Latest Changes service
    En https://tyrasd.github.io/latest-changes/ amósanse tódolos conxuntos de mudanzas recentes (no intervalo dunha semana, día ou mes) que afectan á área do mapa amosada. Os obxectos modificados son sinalados no mapa. O sinalado do obxecto consiste nun troco de cor (a menos intenso) ca data do conxunto de mudanzas. Os obxectos eliminados (e as versións anteriores de obxectos modificados) amósanse coma contornas febles.
  • achavi
    achavi (Augmented Change Viewer) olla as mudanzas no OpenStreetMap baseadas na consulta do Augmented Delta (adiff) da API do Overpass. Soporta o seguemento continuo dunha área de interese e visualización de conxuntos de mudanzas individuais (con algunhas limitacións).
  • Overpass attic queries
    Co Overpass' attic queries podes consultar datos do OSM en función do tempo – exemplo para obxectos que existían nun punto específico ou que foron editados durante un período de tempo.
  • OSM-analytic-tracker
    MichaelVL desenvolveu un rastrexador-analítico-osm.
  • OSMarelmon - The OSM Relation Monitor
    OSMarelmon permite o seguemento de relacións do OpenStreetMap. As relacións seguidas son comprobadas de xeito periódico e as mudanzas son espalladas vía canles RSS.
  • IFTTT
    Ferramentas auxiliares coma IFTTT poden resultar útis para converter notificacións dalgunhas ferramentas, p. ex., converter canles RSS de control de calidade nunha notificación vía correo electrónico.
  • Where are the new OSM Contributors?
    Pascal's resultsmaps contén unha funcionalidade para coñecer onde se atopan os novos contribuíntes do OpenStreetMap ("Where are the new OpenStreetMap Contributors?"). Podes identificar a novos contribuíntes que editaron nunha área específica (ppde resultar útil para comprobar erros graves nas súas edicións, fornecer axuda, enviar mensaxes de benvida ou detectar o vandalismo). Tamén permite crear unha canle RSS.
  • OSMCHA - OSM Changeset Analyzer
    OSMCHA aloxado no Mapbox a través do proxecto osmcha no github. Amplo filtro de conxunto de mudanzas, incluíndo a detección de edicións sospeitosas. Olla a guía(en) publicada polo Mapbox.
  • osm-suspicious
    osm-suspicious por Pascal Neis para localizar conxuntos de mudanzas sospeitosas.

Ferramentas de axuda e asistencia

  • Traffic Sign Tool
    Traffic Sign Tool - Asistente para obter etiquetas axeitadas para as sinais de tráfico alemás.
  • QualityStreetMap
    QualityStreetMap (osmqa2.qualitystreetmap.org/osmqa) é unha grella grande para coordinar o traballo de cartografado. Podes escoller un título e marcalo coma completo para unha etiqueta específica. A grella cobre o mundo enteiro e calquera etiqueta. Para editar a grella debes iniciar sesión ca túa conta dp OSM. Achega a vista para ollar a grella (mínimo nivel de achegamento 12). O servizo está nunha versión beta.
  • Road lists
    Os usuarios en Alemaña solicitaron diferentes listaxes oficiais: Straßenverzeichnis.
  • CheckTheMonuments
    Check The Monuments! Máis control de calidade para a clave de monumento.
  • Overpass turbo
    A API do Overpass e a interface Overpass turbo permite crear de xeito doado consultas persoalizadas que poden empregarse para detectar posíbeis erros. Os resultados amósanse nun mapa con ligazóns de detalle de obxectos en xanelas emerxentes e pódense abrir de xeito doado no JOSM. A páxina de exemplos enumera algúns empregos do control de calidade.
  • (Missing) Maxheight map
    Maxheight Map (alcume: OSM Truck QA Map) (sitio web) é unha ferramenta de navegación baseada na API do Overpass que fai máis doado comprobar e mellorar funcións relevantes para camións no OSM. Ademais de identificar as etiquetas de altitude máxima que fallan baixo as pontes e túneis (ferroviarias), tamén pode validar a etiquetaxe existente para a altura máxima, o ancho, a lonxitude e o peso, entre outros.
  • OSM Quality Assurance Editor (por osmsurround)
    O Editor de Control de Calidade do OSM (sitio web) axuda a sinalar (a través da API do Overpass) os datos que fallan en varias categorías (pistas sen etiqueta de tipo de pista, pistas sen etiqueta de superficie, rúas sen etiqueta algunha de beirarrúas, vías sen etiquetas de pendente, vías sen etiqueta de superficie, vías sen etiquetas de textura, edificios sen enderezo, rúas sen nome) e permite editar de xeito directo os obxectos a través dun editor en liña engadido.

Estatísticas das etiquetas

Para comparar o emprego dunha etiqueta ou ollar os seus tipos, emprega estas ferramentas estatísticas. Olla tamén: Estatísticas.

  • Taginfo
    Taginfo é un sistema para atopar e engadir información sobre etiquetas do OSM, facela máis doada, navegábel e atopábel.
  • ITO Map
    ITO Map (páxina principal) é un servizo de sobreposición de mapas do ITO. Executa secuencias de comandos que sinalan etiquetas específicas que amosan canto consistente, ou non, é o emprego desa etiqueta. Amosa grupos de etiquetas relacionadas de xeito simultáneo.

Outros

Comparacións externas

Ollar tamén: Pescuda

Ollar tamén